17: Cumprindo anos

17: Cumprindo anos

10

En 1978 cumpríanse os dez anos da creación oficial do Teleclub, polo que o 3 de decembro, na sede social, estivo aberta ao público unha exposición de artesanía e antigüidades. Houbo unha grande achega de obxectos para a exposición, destacando os bordados e traballos en liño, e colchas de liño felpadas e ao ganchillo. En antigüidades, todos os utensilios do liño, un candelabro romano, unha gramola primitiva e unha máquina de escribir, ademais dunha máquina de fiar rudimentaria, feita polos paisanos, única no seu xénero. Tamén tallas de madeira, do Rei e de dirixentes políticos, como Fraga, Felipe ou Tierno Galván, realizadas por Rogelio, escultor de Pino.

Nesta exposición vendéronse diversos obxectos por un total de 350.000 pesetas, calculándose o valor das pezas expostas en arredor de dous millóns de pesetas (do ano 1978). A exposición estivo aberta desde as dez da mañá ás once da noite, valorándose en 100.000 pesetas a peza máis cotizada, sendo o obxecto máis antigo do ano 1830.

O décimo aniversario da creación do Teleclub celebrouse en decembro, cunha serie de actos que comezaron coa actuación de Fuxan os Ventos.

Daquela, entregáronse os premios concedidos con motivo da primera Exposición de Artesanía y Antigüedades, consistentes en cadasúa placa de prata a: “Tear”, de Angustias Barja; “Ganchillo”, de Inés Crecente Gueimonde; “Bordado orixinal” de María Josefa Barja García e “Manto  Cachemi ra” de Asunción Campo Valiña. Recibiron mencións especiais José María Novo Rodríguez, de Bazar e José Luís Legaspi, de Ansemar (Castro de Rei).

O xurado do Certame estivo presidido por María Concepción Díaz López, Secretaria Xeral da Delegación de Cultura en Lugo.

Entregouse tamén un cruceiro de prata  ao párroco Francisco Puente Guerra, polo seu destacado apoio e traballo durante estes primeiros dez anos de vida do Teleclub de Bazar.

Neste acto Luís Veiga falou das dificultades atopadas ao longo destes anos para lograr a construción do local e o resto das obras, destacando o labor do Teleclub a prol das xentes da parroquia e das limítrofes, agradecendo as axudas de institucións, socios, veciños e benfeitores.

Reseñas de prensa recollen que o que isto escribe rematou o acto, no nome do Ministerio de Cultura, con referencia expresa “ao extraordinario labor realizado por este Teleclub”.
 
Daquela o Teleclub, que moi axiña cambiaría a súa denominación por normativa legal, tiña un total de trescentos socios de toda a comarca, desde Muimenta ata Castro Ribeiras de Lea. A súa biblioteca tiña 900 volumes, e estaba para inaugurar o parque infantil.

No xornal El Progreso (2/12/1978) Manuel López Castro entrevistaba a Luís Veiga sobre a actualidade do Teleclub de Bazar. E ao preguntarlle polos proxectos do centro para o futuro, Veiga resumiunos en “seguir traballando”.

13

A comezo de 1981 o Teleclub transfórmase en Centro Cultural por unha resolución do Ministerio de Cultura, a proposta da Delegación Provincial de Lugo.

Naquel momento funcionaban na provincia cinco Centros Culturais: O Miño, de Baltar-Pastoriza; Meigas e Trasgos, de Sarria; Os Flamosos, de O Corgo; Teleclub de Salcedo na Pobra de Brollon, e Bazar-Castro de Rei.

16

Elías Ferreiro, xornalista nativo da comarca, publicou en El Progreso (2/5/1984) un resume do labor do Teleclub de Bazar con motivo dos seus primeiros quince anos de actividade. Comentaba que este centro, fora sempre “una fuente permanente de noticias” pola “febril actividad desarrollada por esta entidad –conferencias, festivales, teatro, deportes…– que ha hecho de ella una de las agrupaciones culturales más importantes no sólo de la provincia, sino de todo Galicia”.

Lembrando a orixe, mencionaba que “los vecinos de la parroquia aún recuerdan con cariño al Sr. Ramil, villalbés, ingeniero técnico agrícola, que por aquellos tiempos trabajaba en la vecina granja de Coea y que fue, junto con el párroco y José de Rafael, el principal impulsor de la obra”. “Por aquel entonces era Ministro de Información y Turismo el señor Fraga Iribarne, y los Teleclubs surgían como hongos a lo largo y ancho de la geografía gallega. Con un televisor, más o menos en buen estado, y cinco o seis docenas de libros que llegaban de Madrid, cualquier parroquia podía disponer de su flamante Teleclub”.

En canto ao de Bazar, lembra que “en una especie de garaje cedido por un vecino, con un televisor y sesenta libros, empezó su andadura el Teleclub. A diferencia de lo que ocurrió con la inmensa mayoría de los surgidos en aquella época, que desaparecieron por falta de medios y de colaboración vecinal, el de Bazar supo salir adelante gracias al empeño de sus impulsores, el apoyo de socios y vecinos y al trabajo incansable de Luis Veiga, auténtico ”alma mater” de la sociedad”.

En relación coa dimisión de Luís Veiga, Elías Ferreiro recordaba que o seu nome estaba ligado ao Centro “prácticamente desde su fundación, y ha sido sin duda el principal animador de la entidad a lo largo de sus tres lustros de permanente actividad”.

Sobre a vinculación da familia Rey-Stolle ao Teleclub comentaba Elías Ferreiro que “si la colaboración de la parroquia ha sido admirable, en general, no se podría concebir lo que hoy es el Centro Cultural sin el apoyo de la Familia Rey-Stolle. Gracias a los buenos oficios y al apoyo moral y económico de Ignacio Rey–Stolle, por aquel entonces Secretario General de la Junta Central de Iniciativas y Turismo, el 15 de noviembre de 1973 se coloca la primera piedra de lo que hoy es el nuevo edificio de la entidad, inaugurado en 1976. Por lo tanto es fácil explicarse el por qué de la denominación de Centro Cultural Ignacio Rey-Stolle. A esto hay que añadir el apoyo económico del propio Ignacio a la organización del torneo anual de fútbol, y el de su hermano Javier a la organización del torneo de tenis”.

Falaba tamén de momentos difíciles na orde interna, “debidos más que nada a unos distintos pareceres sobre la forma de funcionamiento del centro. Estas discrepancias derivaron en ciertos instantes hacia una auténtica división entre los jóvenes de Bazar. Como consencuencia de estos enfrentamientos, en una ocasión se llegó a suspender el partido de fútbol, el cual tuvo que ser terminado en Muimenta. Quizá fuera esta la nota más negativa a lo largo de la trayectoria de la entidad cultural. Sin embargo, parece ser que las aguas han vuelto al cauce del que nunca debían haber salido”.

41

En 2009 Bazar organizou unha magnífica exposición de fotos antigas, que reflectiron o pasado da parroquia, avivaron lembranzas, e deron lugar a moitas conversas e comentarios. Eran oitenta imaxes antigas da parroquia e das limítrofes, das que recollemos algunhas como mostra neste libro, para constancia dunha actividade singular, que resultou moi do agrado de toda a parroquia.

A exposición tivo o suxestivo título de “Bazar-Coea e os seus arredores, na memoria. Tal como eramos hai 90 anos. As fotos da nosa vida”.

Luís Veiga foi o artífice que fixo posible esta exposición que quedará na historia de Bazar como un acontecemento moi importante. Porta a porta, casa a casa, Luís foi recompilando estas instantáneas que conforman unha historia gráfica deste territorio parroquial e a súa contorna, e recordan feitos como a inauguración do monumento ao Sagrado Corazón, a Orquesta de Bazar que desapareceu hai máis de medio século, ou a fábrica de chocolates La Gallega, de Modesta Andión e José Campo Uz.

50

Poucas entidades chegan a celebrar os seus primeiros cincuenta anos en plenitude de facultades, conscientes do pasado, do presente e do previsible futuro.

En Bazar, niso estamos cando se publica este libro que ven ser resume básico do realizado e preludio do moito que se pode facer, do moito que se vai facer.

Moi lonxe no tempo aquel período previo de xestións ilusionadas, aquel comezo firme en 1968, aquí estamos, no Centro Cultural de Bazar da Terra Chá, Concello de Castro de Rei, satisfeitos do pasado, esperanzados no futuro. E todo o que con motivo deste aniversario que agora estamos a celebrar se efectúe sexa entendido en homenaxe a todos os que traballaron nesta grande casa e en acicate para os mozos (pódese ser mozo a calquera idade) que desde agora traballen pensando en Bazar e as súas xentes.
 
Elemento importante das  celebracións do Cincuentenario foi a convocatoria dun novo Certame Literario que, en homenaxe aos que o precederon, se denominou Certame “HOXE É MAÑÁ”.