20: O adeus de Luís Veiga

20: O adeus de Luís Veiga

O 14 de abril de 1984, El Ideal Gallego, xornal daquela introducido na provincia de Lugo, que dedicaba varias páxinas diarias á información lucense, recollía a nova da dimisión de Luís Veiga como Director do Centro Cultural de Bazar. Era Director do Centro desde que o Teleclub se transformou en Centro Cultural. Antes, desde 1968, fora Monitor, que viña a ser na práctica o mesmo, aínda que o nome viñese reflectir de feito o natural papel de animador, condutor, ou xestor previsto en principio para a persoa que ía gobernar o funcionamento dun Teleclub.

Informaba o xornal de que a dimisión fora recollida con sorpresa na zona, xa que Luís era un dos principais protagonistas da obra levada a cabo en Bazar, e “con cierto pesimismo, debido a lo incierto que se presenta ahora el futuro del Centro Cultural”.

Informa o diario que Luís Veiga aseguraba que a súa dimisión debíase exclusivamente a causas personais, ás que había que sumar un “cierto cansancio porque son ya quince años al frente de la entidad y quiérase o no este tema ocupa muchas horas, que casi a la fuerza necesitas para tu vida personal y familiar”. Concluía sinalando que “hay gente que no entiende mi dimisión y le quiere dar motivaciones de otra índole, pero repito que son únicamente personales”.

No momento da súa marcha, Veiga fai reconto do logrado desde os primeiros momentos, “que empezamos trabajando en un garaje cedido gentilmente por un vecino” a ter un patrimonio de varios millóns de pesetas, “con un buen local social, aceptablemente amueblado, y una biblioteca en la que existen 1.145 volúmenes. Su entorno ha sido acondicionado recientemente, así como la pista polideportiva, que por su extensión y dotación es de las más importantes de la comarca”.

Sobre o futuro do Centro, considera que “hay gente muy buena, que siguieron muy de cerca toda la historia de la Sociedad; la conocen en profundidad y tienen una enorme ilusión y esperanza en los vecinos y los socios”.

O 2 de maio seguinte, en El Progreso, Elías Ferreiro informaba de que cando rematara o prazo, “ninguno de los ciento cuarenta socios del Centro Cultural de Bazar ha presentado su candidatura para formar la nueva Junta Directiva. Sin embargo, parece que hay un grupo de jóvenes de la parroquia, entre los que está el Secretario de la última Junta, José María Teijeiro, que están dispuestos a hacerse cargo del funcionamiento de la entidad”.

Comentaba Elías Ferreiro a conversa que sostivera con Luís Veiga, sinalando que os problemas cos que se tivera que enfrontar foron “muchos menos que las colaboraciones”, resultando o seu paso polo Centro “una experiencia maravillosa. El Centro cultural es un claro ejemplo de lo que un pueblo puede conseguir cuando se trabaja con ilusión y ganas de hacer las cosas. Esto te hace olvidar las dificultades y las discrepancias que en algún momento nos llevaron a unos enfrentamientos realmente graves, pero que felizmente están superados porque al fin y al cabo todos queríamos lo mejor para la sociedad”. Remata a crónica recollendo o agradecemento de Luís Veiga á “colaboración moral y económica prestada por los diversos organismos oficiales y privados, por la familia Rey-Stolle y por los medios de comunicación”.

Trinta e catro anos despois, Luís Veiga é colaborador do seu Centro Cultural e concelleiro en Castro de Rei polo PSOE, entendendo esta función como continuación do seu traballo a prol da parroquia, e estimando beneficioso para o Centro Cultural e para a parroquia a presenza dun concelleiro de Bazar no Concello, para dar a coñecer realidades e problemas e procurar contribuír á súa solución.

Luis é o candidato perfecto para calquera partido político, e mesmo cando en 1984 dimitíu falábase de que podía  participar na política activa cun determinado partido, sen embargo daquela el declarou a El Ideal Gallego que “aunque tuve alguna oferta en principio, hoy por hoy espero no caer en la tentación, porque no me considero preparado ni creo poder estar a gusto en la política tal y como está concebida, amén de cómo está programada en el medio rural”.

Trinta e catro anos dan para moito a efectos de cambiar de opinión, e aí temos a Luís Veiga no Concello de Castro de Rei, e eu máis que velo na “leal oposición”, como sen dúbida a fará en caso necesario, véxoo como colaborador sincero e entusiasta para canto considere de interese para Bazar e para Castro de Rei.

Nunha das revistas Teleclub Galicia publicáronse varias fotos de monitores de Teleclub como homenaxe a tódolos que en Galicia se dedicaban a este especial labor. Non era unha casualidade. Luís de Bazar foi (ségueo a ser) o exemplo perfecto –magnífico exemplar humano– do que unha persoa pode aportar á súa comunidade abrindo camiños de paz e de cultura, abrindo futuro. E que na actualidade sexa o Director Honorario do Centro Cultural Ignacio Rey-Stolle de Bazar é unha honra para el, pero de xeito especial é unha honra para o Centro Cultural e para Bazar.