Desde a súa creación en 1968 ata o momento actual, presidiron a Xunta Directiva do Teleclub-Centro Cultural de Bazar os seguintes socios:
En 2012 foi elixida a primeira Presidenta, Noelia Campo Villanueva, que o segue a ser na actualidade.
Claro que a cada Presidente acompaña unha Xunta Directiva que apoia e respalda as súas iniciativas, e así sabemos que en 1972 se renovou a metade da Xunta Directiva, quedando composta polos seguintes membros:
En 1977, en Asamblea Xeral celebrada o 2 de decembro, os socios acordaron que o 18 do mesmo mes se nomease a nova Xunta Directiva, para o que se elixiría un Presidente entre os candidatos que se presentasen, e o elixido designaría o equipo de colaboradores que rexirían os próximos anos o Centro Cultural.
En 1980, en agosto, celebrouse Xunta Xeral de socios para elixir nova Xunta Directiva do Teleclub, que quedou formada por: Carlos Campo Andión, Presidente; José María Teijeiro Regueiro, secretario; María Villanueva, tesoureira; e vogais José María Novo Rodríguez e Rosa María Varela.
Non estaban previstas eleccións no ano 1981, pero convocáronse, e Luís Veiga, en declaracións a El Progreso, o 25/12/1981, indicaba que “no estaban previstas estas elecciones, pero unas pocas personas, algunas de ellas socios, empezaron a crear problemas y confusionismo en la parroquia, y aunque los medios que empleaban para hacerse notar eran ciertamente dictatoriales, iban totalmente en contra de las normas que rigen en esta sociedad. Pensamos, una vez reunida la Junta Directiva, que era mejor darles una opción, y que los socios decidieran. Hubo elecciones y el resultado fue abrumador, apoyando a esta Directiva, y aquí estamos, prácticamente los mismos, con una firme voluntad de seguir cara adelante intentando hacer las cosas y programando actividades”.
Nos medios informativos tiña aparecido con anterioridade a información de que un grupo de persoas interrumpiu un partido de fútbol onde competía o equipo de Bazar, aínda que os interruptores consideraban que de Bazar só había dúas persoas. Ángel Lamas chegou a dicir en El Ideal Gallego que “ningún deles estaba en contra do que fixo o Director do Centro Cultural de Bazar. Fixo, efectivamente, cousas boas, pero hoxe non as fai. Polo menos, non as fai todas”.
Sucedera en agosto, cando o equipo de Bazar gañou ao Muimenta por 5-4, no Trofeo Ignacio Rey-Stolle. Durante o partido, un grupo de socios interrumpeu o xogo como contestación á Xunta Directiva do Centro Cultural. Ao invadir o campo, o encontro tivo que rematar en Muimenta, cos conseguintes trastornos, pero rematou con ben, que era o que importaba. Os xogadores de Bazar saíron ao campo con brazaletes negros (e gardouse un minuto de silencio) polo pasamento do rapaz Carlos María Cosme Fernández, socio do Teleclub de Bazar que residía en Madrid.
Con motivo dese feito, eu publiquei en El Ideal Gallego (6/8/81), un duro artigo que non vou repetir aquí porque trinta e sete anos despois o problema que houbese xa non existe, o Centro cultural segue camiñando, o espíritu de entón segue animando á directiva que o goberna, e os de Bazar que seguen a dirixir e apoiar ao Centro Cultural son os mesmos, familiares, ou amigos, dos que entón deron a Bazar un tempo tan glorioso.
A Directiva puxo os seus cargos ao dispor dos socios, convocándose eleccións, resultando rotundamente confirmada (68 a 25, votando 94 dos 120 socios que tiña o Centro Cultural) a directiva composta por Carlos Manuel Campo Andión, presidente; Jose María Teijeiro Regueiro, secretario; vogais: Francisco Puente Guerra, Rafael Campo Andión (tesoureiro), Rosa María Varela López, José Luís García Barja, José María Novo Rodríguez, e Director, Luís Veiga Veiga. A outra candidatura presentada, estaba formada por Aníbal Otero Vila, Ángel Lamas Muinelo, Óscar Novo Fernández, Manuel Gallego, Carlos Anllo Canto e Antonio Muinelo Cupeiro. Nesa asamblea fíxose constar o sentimento dos socios e do vecindario de Bazar polo recente pasamento de Cecilia Rey-Stolle.