María Eugenia Rodríguez Crecente
Ás veces, aos pequenos créennos inferiores aos demais e eso exprésano con esta frase: “Non é máis ca un neno”.
Eu penso que un pequeno é moi distinto a un maior, a súa cabeciña está chea de ideas fantásticas, sin preocupacións nin outras cousas que os maiores pensan.
Un pequeno é un manollo de cousas boas, que é incapaz de facer mal a nadie. Ao mellor oímos ou lemos nun periódico ou nunha revista que un pequeno roubou algún diñeiro, pero el non era capaz de facer ese roubo sen que lle meteran esa idea na cabeza.
Pero é moito máis frecuente oir que os maiores maltratan aos pequenos, por exemplo: non hai moito tempo vin nun periódico que os médicos encontráronlle fracturas a un pequeño causadas por mallegas que lle deran seus pais e incluso apagaron cigarrillos no seu corpo. Eu pregúntome: ¿E que mal lles fixo esa criatura a seus pais? Aínda que lles fixera algo non era para pegarlle así.
Tamén hai pais que demostran quererlles moi pouco aos fillos porque, eso de deixar a unha pequeniña de dezaoito meses nun coche durmindo e os país ir xogar ao bingo, non ten sentido; claro, e despois apareceu morta por falta de osíxeno.
Por eso esa frase é ridícula, porque un pequeno é algo máis ca o que pensamos, e debíamos respetalo e atendelo cando teña necesidade.
María Eugenia Rodríguez Crecente, 1º Premio do Certame de Redacción infantil (1979)