José Recimil Tábora
Os Planteis de rapaces do Servicio de Extensión Agraria creáronse por Orde do Ministerio de Agricultura do 1/7/1970, como grupos de aprendizaxe e acción. Estes rapaces e rapazas procedían do medio rural e da área de actuación da correspondente Axencia comarcal. En cada comarca podían crearse varios planteis, segundo a extension territorial e número de rapaces. O obxectivo fundamental era o de dar formación de tecnica agraria e ampliación de coñecementos culturais.
Para o desenvolvemento destas actividades, xestionábanse locais procedentes de antigas escolas, cámaras agrarias, municipais, convenios con Teleclubs e, noutros casos, alugábanse.
As ensinanzas teóricas e culturais corrían a cargo de profesionais do ensino, mentras que as técnicas e prácticas agrarias realizábaas o persoal técnico das Axencias de Extensión Agraria e dos Centros de Investigación Agraria.
As actividades agrarias eran moi variadas, como os campos de ensaio e demostración de resultados con diversas sementes e prantas, abonos, tratamentos, mecanización, métodos para a conservación de alimentos así como programas de xestión para estudar os resultados das técnicas recomendadas e a súa discusión en grupo co obxectivo de trasladalas á propia actividade cos consellos axeitados.
Outras actividades importantes foron as relativas ao desenvolvemento comunitario, como as traídas de augas, electrificacións, acceso a vivendas, ordenación e declaración de “montes en man común” –sobre todo nas Axencias da Montaña–, así como a promoción das zonas de concentración parcelaria dos concellos de Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo e na Terra Chá co Plan de Colonización.
Nas axencias de Sarria e Monterroso, os planteis participaron no Programa de Vacacións en Casas de Labranza en Portomarín, Palas de Rei e Samos, así como no acondicionamento dalgúns tramos do Camiño de Santiago. Os das Axencias de Lugo e Monterroso promoveron explotacións de cultivo en común de terras e gando como Lamaboa e Narón.
O labor destes planteis de Lugo foi recoñecido pola Primeira Convención Nacional, celebrada en novembro de 1974, asi como no 1º Concurso Nacional de Planteles de Extension Agraria, promovido polo Ministerio de Agricultura, e celebrado en Madrid en 1975. Pola súa parte, xa os Planteis da comarca de Becerreá recibiran o Primeiro Premio Nacional en 1970. Continuando con este desenvolvemento comunitario, levaron a cabo tamén a comercialización da carne e do leite, así como a mecanizacion e adquisición de produtos agrarios.
A evolución positiva e exemplar dos planteis permitiu a súa transformación en C.E.C.A., Centros de formación en primeiro grado da rama agraria, ubicados en Monterroso, Chantada, Monforte, Sarria, Becerreá, Castroverde e Ribadeo.
O número de planteis foi de 150, coa participación de 3.400 mozos. Estes planteis, foron a base para a creación na provincia de Lugo dun Centro de Formación e Experimentacion Agroforestal en Becerreá e dúas Escolas de Capacitación Agraria en Monforte e Ribadeo. Por outro lado, hai que apuntar tamén o gran movemento cooperativo promovido na provincia, sendo exemplo cooperativas como “Os Irmandiños” de Ribadeo; “Cogasar” de Sarria; “Chataca” de Chantada, “Val de Lemos” de Monforte, “Coseplán” de Becerreá; “Bretoña” de Pastoriza; “Mopan” de Monterroso e “Ares” de Lugo. Algunhas destas cooperativas chegaron a contar con máis de 3.000 socios.
Case todos os planteis do Servicio de Extensión Agraria mantiveron boas relacións cos Teleclubs do Ministerio de Información e Turismo, por múltiples motivos:
Neste punto coméntase como anécdota que unha vez finalizadas as obras, comunicouse á Delegación Provincial para proceder á súa inauguración. O Delegado Provincial, Alfredo Sánchez Carro, coidou que as dúas obras estaban magníficamente construídas e equipadas e, polo tanto, deberían ser inauguradas polo Ministro, Manuel Fraga Iribarne, na súa visita de verán. Durante a visita, o Ministro comentou así mesmo que se trataba de obras singulares e manifestou o seu agradecemento aos veciños pola súa realización.
Durante a visita ao Teleclub de Rilleira, acudiu don José Reimóndez, farmacéutico do concello de Alfoz de Castro de Ouro, que posuía un caserío no Val de Cabarcos, cunha colección de libros para doar á biblioteca dado que desexaba colaborar cos vecinos. Nese momento, o Sr. Fraga abrazouno emocionado xa que se coñecían pero non se viran en moito tempo, pois o Sr. Reimóndez fora o seu profesor de alemán no Instituto, cando este idioma era obrigatorio. O Sr. Reimóndez estudiara Análise Químico tres anos en Alemania e era, se non o único, si unha das poucas persoas que sabía alemán na provincia. O mesmo día tamén se inaugurou o Teleclub de San Cosme de Barreiros, con idéntico programa de axudas.
A acción dos planteis, aproveitando programas previstos por determinadas accións comunitarias, así como autoridades e persoas interesadas no desenvolvemento rural, achegaron axudas relevantes a estes centros de expansión cultural, como o caso dos Planteis de Bazar, Bretoña, San Cosme, Benquerencia, Bonxe, Cedofeita e Mariz.
José Recimil Tábora, Xefe provincial de Extensión Agraria